Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

Portos de Galicia remata os traballos de mellora da nave de redes de arrastre de Celeiro

Viveiro (Lugo), 28 de novembro de 2022.-  Portos de Galicia, rematou as obras de mellora da nave de redes de arrastre do porto de Celeiro, no municipio lugués de Viveiro. A presidenta do ente público, Susana Lenguas, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron nos últimos días o inmoble no que o Goberno galego investiu 50.000 euros.

Os labores executados consistiron no peche do edificio polos dous frontais para mellorar as condicións de traballo dos seus usuarios, tal como solicitara a confraría de pescadores de Celeiro. A actuación incluíu o peche frontal da cara sur a través de dúas portas corredoiras e tamén toda a fachada norte. Deste xeito minimízase o risco de vandalismo no edificio así como outros trastornos na actividade. As obras remataron en días pasados e o inmoble recuperou a actividade normal.