Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

Portos de Galicia levantará total ou parcialmente a prohibición da pesca recreativa en 106 dos 122 peiraos autonómicos.

A presidenta de Portos de Galicia respondeu a unha pregunta oral sobre esta cuestión na Comisión 8ª do Parlamento de Galicia.

Susana Lenguas explicou que Portos de Galicia promove un cambio normativo que permitirá practicar esta actividade libre ou condicionada por horas ou zonas no 85 por cento das dársenas, primando a seguridade de usuarios e instalacións

 

  • A restrición está en vigor dende 1972, recollida tanto na lexislación estatal como galega.

 

  • Na Zona Norte, ábrense total o parcialmente os portos de Ribadeo, Rinlo, Foz, Nois, Burela, San Cibrao, Morás, Portocelo, Celeiro, Viveiro, O Vicedo, O Barqueiro, Bares, Mañón, Espasante, Ortigueira, Cariño e Cedeira.

 

  • Na Zona Centro autorízase total ou parcialmente en Barallobre, O Seixo, Mugardos, Pontedeume, Perbes, Miño, Betanzos, Sada, Lorbé, Mera, Santa Curz, Suevos, Caión, Razo, Malpica, Barizo, Santa Mariña de Ponteceso, Corme, Laxe, Camelle, Arou, Santa Mariña de Camariñas, Camariñas, Muxía, O Sardiñeiro, Fisterra, Corcubión, Brens, Ézaro, O Pindo, Portocubelo, Muros, Os Muíños, Esteiro, O Freixo, A Barquiña de Outes, O Conchido, A Barquiña de Noia, Noia, Boa, Portosín, Porto do Son, Corrubedo, Aguiño, Castiñeiras, Ameixido, Insuela, Palmeira, A Pobra, Escarabote, Cabo de Cruz, Ancados, Bodión, Taragoña, Rianxo e Rañó.

 

  • Na Zona Sur habilítanse zonas de pesca non profesional en superficie en Pontecesures, Vilaxóan, Vilanova, San Miguel de Deiro, Cabodeiro, Tragove, San Tomé, A Toxa, O Grove, Meloxo, Pedras Negras, Portonovo, Covelo, Combarro, Campelo, Aguete, Cangas, Meira, Domaio, San Adrián, Arcade, Cesantes, Canido, Panxón, Santa Marta, Baiona, Oia, a Guarda, Goián e Tui.

 

 

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2021.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a traballar nun cambio normativo que permitirá levantar a prohibición da pesca non profesional en superficie nos peiraos en 106 das 122 dársenas de titularidade autonómica. Así o explicou esta mañá a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, nunha resposta a unha pregunta en Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo no Parlamento de Galicia. Lenguas indicou que deste xeito, a Xunta autorizará no 85% das dársenas unha actividade cuxa prohibición está vixente dende 1972 e recollida tanto na lexislación estatal como galega.

A nova normativa clasificará os portos en 3 niveis en función da posibilidade de acoller a pesca recreativa entre as súas actividades. Así, establece un total de 28 portos libres de toda restricción; 78 nos que se permitirá esta práctica condicionada por zonas ou horarios e 16 nos que non se poderá realizar esta actividade por razóns de seguridade ou operatividade portuaria.

Os 28 portos que quedarán libres de toda restrición serán Rinlo (Ribadeo), Nois (Foz), Portocelo (Xove), Bares (Mañón), Espasante, O Seixo (Mugardos), Perbes, Mera, Santa Cruz, Santa Mariña de Ponteceso, Ézaro, Os Muíños (Muros), O Conchido (Outes), A Barquiña de Noia, Noia, Boa (Porto do Son), Ameixido (Ribeira), Insuela (Ribeira), Ancados (Boiro), Taragoña (Rianxo), Rañó (Rianxo), San Miguel de Deiro (Vilanova de Arousa), As Sinas (Vilanova), Cabodeiro (A Illa de Arousa), Covelo (Poio), Santa Marta (Baiona), Oia e Goián (Tui).

En canto á prohibición total seguirá vixente en 16 peiraos, a saber, Ares, Redes (Ares), San Pedro de Visma (A Coruña), Quenxe (Corcubión), Testal (Noia), Ribeira, Carril (Vilagarcía), O Xufre, Sanxenxo, Raxó, Beluso, As Corbaceiras (Pontevedra), Aldán, Moaña, Santa Cristina de Cobres e A Pasaxe (A Guarda).

Os restantes 78 portos permitirán a pesca baixo condicións de zonas ou horarios.

 

Por zonas administrativas, a pesca recreativa estará permitida, libremente ou con condicións de zonas ou horarias, na Zona Norte en Ribadeo, Rinlo, Foz, Nois, Burela, San Cibrao, Morás, Portocelo, Celeiro, Viveiro, O Vicedo, O Barqueiro, Bares, Mañón, Espasante, Ortigueira, Cariño e Cedeira.

Na Zona Centro autorízase total ou parcialmente en Barallobre, O Seixo, Mugardos, Pontedeume, Perbes, Miño, Betanzos, Sada, Lorbé, Mera, Santa Cruz, Suevos, Caión, Razo, Malpica, Barizo, Santa Mariña de Ponteceso, Corme, Laxe, Camelle, Arou, Santa Mariña de Camariñas, Camariñas, Muxía, O Sardiñeiro, Fisterra, Corcubión, Brens, Ézaro, O Pindo, Portocubelo, Muros, Os Muíños, Esteiro, O Freixo, A Barquiña de Outes, O Conchido, A Barquiña de Noia, Noia, Boa, Portosín, Porto do Son, Corrubedo, Aguiño, Castiñeiras, Ameixido, Insuela, Palmeira, A Pobra, Escarabote, Cabo de Cruz, Ancados, Bodión, Taragoña, Rianxo e Rañó.

Na Zona Sur poderase prácticar a pesca non profesional en superficie en Pontecesures, Vilaxóan, Vilanova, As Sinas (Vilanova de Arousa), San Miguel de Deiro, Cabodeiro, O Campo (A Illa de Arousa), Tragove, San Tomé, A Toxa, O Grove, Meloxo, Pedras Negras, Portonovo, Covelo, Combarro, Campelo, Bueu, Aguete, Cangas, Meira, Domaio, San Adrián, Arcade, Cesantes, Canido, Panxón, Santa Marta, Baiona, Oia, a Guarda, Goián e Tui.

Esta clasificación é froito da análise pormenorizada das instalacións así como do debate e traballo coordinado con distintos representantes do sector da pesca recreativa, como a federación galega de pesca marítima, a federación galega de pesca e casting e a asociación de pesca recreativa. A relación dos portos poderá ser revisada puntualmente de ser preciso e os planos detallados das zonas habilitadas para a pesca non profesional en superficie estarán dispoñibles na web de Portos de Galicia xunto coa resolución de levantamento da prohibición no momento da súa aprobación.

 

Entrada en vigor

O cambio normativo, que se atopa en fase avanzada de tramitación, non entrará en vigor ata a publicación da resolución no DOG e farase efectivo a través do procedemento correspondente en sede electrónica da Xunta de Galicia. Portos de Galicia traballa co obxectivo de que ao longo do verán poida quedar levantada a prohibición. Unha vez vixente, poderase iniciar a actividade toda vez que se teña completado a solicitude con toda a documentación requerida, sen esperar resolución expresa. A autorización solicitada terá vixencia dun ano caducando pasado este ou se vencese o seguro obrigatorio.

Entre os requisitos figurarán a inscrición na sede electrónica da Xunta, a obrigatoriedade de formalizar un seguro de responsabilidade civil e a sinatura dunha declaración responsable de cumprimento coas obrigas exixidas. O non cumprimento destas indicacións ou as que poida aportar o persoal celador gardapeiras será motivo de retirada da autorización. Dende o ente público establécense todos estes condicionantes co obxectivo de primar a seguridade de persoas e instalacións así como a actividade portuaria e nomeadamente a profesional, náutica pasaxe e servizos auxiliares, para os que se reserva o solo portuario.

A posta en marcha desta iniciativa que dará seguridade aos afeccionados á pesca recreativa é froito da demanda social, sen esquecer a seguridade e o marcado carácter estratéxico do dominio público portuario.