Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

Portos de Galicia avalía co sector as necesidades portuarias de Corcubión.

Corcubión (A Coruña), 22 de xullo de 2021.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantivo esta semana unha reunión de traballo cos representantes do sector portuario e o alcalde do Concello de Corcubión para avaliar as necesidades do municipio. No encontro participaron a confraría de pescadores e o club marítimo Carrumeiro e durante a xuntanza avaliaron distintos asuntos como as alternativas existentes para habilitar unha zona de varada e traballo no porto local.

Así mesmo, a presidenta de Portos de Galicia confirmou ás organizacións portuarias que o ente público ten xa contratado o proxecto para o desenvolvemento do porto mixto de Corcubión. Este proxecto conta cun orzamento de 126.000 euros e forma parte do contrato de redacción de proxectos para medio centenar de peiraos autonómicos.