Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

Portos de Galicia pon en servizo o novo pantalán de pasaxe no peirao de Viveiro

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021.- Portos de Galicia, vén de instalar un novo pantalán no porto de Viveiro para dar servizo á actividade de pasaxe. Dita instalación entrará en servizo esta mesma tarde e será empregada de xeito inmediato pola empresa concesionaria do transporte de pasaxeiros que opera nesta dársena lucense.

Esta nova dotación contou cun investimento de preto de 20.000 euros e supón un reforzo da seguridade dos usuarios do servizo de pasaxe ademais de contribuír á correcta ordenación das actividades portuarias. A empresa de pasaxe que opera no porto de Viveiro realiza unha ruta de carácter turístico pola ría da localidade.