Publicador de contenidos
Acordo do 13 de abril de 2018, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á instalación e explotación de suministro de combustible a buques pesqueiros, no dominio público portuario de Muxía, solicitada por “Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.L.” (expediente 12-31-16-C-1)
Estase tramitando unha concesión administrativa a favor de Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.L. para a explotación de instalacións de subministración de combustible existentes, no dominio público portuario de Muxía, con base no plano das instalacións que ocupan un total de 187,86 m2, ademais dun plano da confrontación, o que inclúe todas as instalacións da concesión en trámite.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.
A Coruña, 13 de abril de 2018
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
Contenidos relacionados:
- DOG 135 do 16 de xullo de 2018 co acordo do 13 de abril de 2018 polo que se somente información pública a tramitación dunha concesión para a subministración de combustible no porto de Muxía solicitada por Repsol Comercial de Productos Petrolíferos SL
- Plano das instalacións de subministración de combustible no porto de Muxía (09-04-2018)
- Plano de confrontación da concesión de instalación e explotación subministración de combustible no porto de Muxía (20-03-2018)