Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ACORDO DO 30 DE OUTUBRO DE 2017, DA ZONA CENTRO, POLO QUE SE SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA A TRAMITACIÓN DUNHA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA PARA A EXPLOTACIÓN DA NAVE DE ALMACENAXE E REPARACIÓN DE EMBARCACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS USOS, DA PARCELA D1 NO PORTO DE SADA, SOLICITADA POR CADENOTE YACHT, S.L. (EXPEDIENTE 12-13-15-C-1)

Estase a tramitar unha concesión administrativa solicitada por Cadenote Yacht, S.L., para explotación de nave de almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos da parcela D1 do porto de Sada, propiedade de Portos de Galicia en virtude do plano das instalacións.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, situadas na avenida do Porto, número 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 30 de outubro de 2017