Publicador de contenidos
ACORDO do 10 de novembro de 2025 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións para a utilización de instalacións de atracada en pantaláns no porto dependente da Comunidade Autónoma de Galicia para embarcacións profesionais, principalmente de terceira e cuarta lista, no porto de Vilaxoán (código de procedemento IF503A).
Con data 10 de novembro de 2025 anunciase apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións para a utilización de instalacións de atracada en pantaláns no porto dependente da Comunidade Autónoma de Galicia para embarcacións profesionais, principalmente de terceira e cuarta lista, no porto de Vilaxoán.
As instalacións que se poñen á disposición pódense consultar no anexo que se xunta neste acordo. Neste anexo poderanse consultar a tipoloxía de prazas de atracada, así como a súa localización.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2025
Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia
Poden descargar a documentación a través do seguinte enlace:
Anuncio no DOGA Nº 229 convocatoria atracada embarcacións no porto de Vilaxoán.pdf