Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acordo do 13 de agosto de 2020, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Unión Fenosa Distribución, S.A., para regularizar unha liña soterrada de media tensión, no dominio público portuario de Sada. (expediente 12-31-19-C-1)

Estase a tramitar unha concesión administrativa para regularización unha liña soterrada de media tensión, no dominio público portuario de Sada-Fontán, de acordo cun plano de superficies e usos, ademais da documentación técnica seguinte:

«Separata para LMTS SAD-714 entre os centros de transformación 15CK50 e 15C470» redactado en novembro de 2013, polo enxeñeiro industrial Burkard Hecht Elourdy, e visado o 29.4.2014 co número 20141016, describre as obras que, básicamente, consisten no enlace dos CT 15CCKS0, localizado na avenida da Mariña, nº 55 e o CT 15C470 localizado en Fontán.

«Carpeta de permisos para RBT avda. do Portos, s/n», asinado polo enxeñeiro técnico industrial, Pablo López Alonso colexiado número 3802, o 20 de xuño de 2018.

«Carpeta de permisos para RBT, avenida do Porto, nº 26», asinado polo enxeñeiro Pedro Tizón Barro, col, colexiado número 3270, o 16 de maio de 2019.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 13 de agosto de 2020


Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro