Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ACORDO do 16 de novembro de 2021, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Algafrés, S.L., para a ocupación de dominio público portuario, para o desenvolvemento de actividades de cultivo intensivo de macroalgas e ourizo de mar, no dominio público portuario de Sada (expediente 12-13-20-C-2).

Estase a tramitar unha concesión administrativa para a ocupación de dominio público portuario, para o desenvolvemento de actividades de cultivo intensivo de macroalgas e ourizo de mar, no dominio público portuario de Sada, de acordo co proxecto básico “Modificado de proxecto planta piloto desmontable para desenvolvemento de tecnoloxía de cultivo intensivo de macroalgas y cría de ourizo de mar”, asinado en outubro de 2021 polo arquitecto Ángel Quelle Russo, colexiado número 1193.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

 

A Coruña, 16 de novembro de 2021

 

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro