Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ACORDO do 18 de outubro de 2022, da Zona Centro, polo que se somete á información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Carrillo y Lago, S.L. para a ocupación das instalacións de dominio público portuario para unha escola de mergullo deportivo e técnico, venda de material de mergullo, mantemento de equipamentos de mergullo e alugamento de embarcacións, no dominio público portuario de Fisterra (expediente 12-32-21-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa para a ocupación de instalacións no dominio público portuario de Fisterra, de acordo co documento técnico descritivo de obras menores e o plano de tramitación do local obxecto da ocupación solicitada.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

 

A Coruña, 18 de outubro de 2022

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro