Está en trámite unha concesión administrativa para a ocupación de instalacións no dominio público portuario de Fisterra, de acordo co documento técnico descritivo de obras menores e o plano de tramitación do local obxecto da ocupación solicitada.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 18 de outubro de 2022
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro