Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ACORDO do 19 de febreiro de 2021, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Orange España, S.A., para a construción de rede de subministro de telecomunicacións no dominio público portuario de Ribeira (expediente 12-48-21-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa para a construción dunha rede de subministración de telecomunicacións no dominio público portuario de Ribeira, de acordo cos documentos técnicos asinados polo enxeñeiro técnico industrial Luis Blázquez San Segundo, colexiado número 18838, titulados «Canalización para rede de telecomunicacións e cala de reparación de condutos existentes (avenida Malecón, 2, Ribeira) (Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil)», asinado o 20 de xullo de 2020, e «Dotación de fibra óptica de Orange en zona portuaria Ribeira», asinado o 6 de outubro de 2020.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 19 de febreiro de 2021

 

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro