Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acordo do 24 de novembro de 2022, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario superior ao máximo establecido na concesión administrativa 12-52-88-C-1, outorgada a "ASMECRUZ, SOCIEDAD COOPERATIVA GALLEGA" para a construción de nave para o servizo de mexilloeiras, no dominio público portuario de Cabo de Cruz.

Está en trámite unha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario superior ao máximo establecido na concesión administrativa outorgada a Asmecruz, Sociedad Cooperativa Gallega, para a construción de nave para o servizo de mexilloeiras, no dominio público portuario de Cabo de Cruz, de acordo co documento técnico Estudo técnico para cambio de ventás, asinado o 12.2.2021 polo arquitecto Amancio Losada Vicente, colexiado número 1463, e o plano da tramitación autorizada por resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia.


O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible web www.portosdegalicia.com


A Coruña, 24 de novembro de 2022

 


Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro