Publicador de contenidos
ACORDO do 30 de setembro de 2025, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Amares Mariña, S.L.U., de concesión administrativa no porto de Burela con destino á ocupación do dominio publico portuario en superficie e do edificio (14.05.EDF.008) bar 1 + bar 2 (almacén anexo) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de bar-restaurante (expediente 14-05-25-C-2).
A presidencia de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada por Amares Mariña, S.L.U., de concesión administrativa no porto de Burela con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio (14.05.EDF.008) bar 1 + bar 2 (almacén anexo) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de bar-restaurante, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun suxeito non obrigado.
O prazo para presentar alegacións en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública
Lugo, 30 de setembro de 2025
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:
Anuncio DOGA Nº 207 concesión administrativa de Amares Mariña S.L. no porto de Burela.pdf