Publicador de contenidos
Acordo do 30 de xaneiro de 2025, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación no dominio público portuario en superficie para construción de edificios para a actividade de formación náutico-pesqueira, no porto de Portosín (clave: 12-43-24-C-1).
Está en trámite unha concesión administrativa, solicitada por Ensino Profesional Galego, S.L., para a ocupación en superficie de dominio público portuario de Portosín, para a construción de edificios para a actividade de formación náutico-pesqueira, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 19.12.2024, e segundo a confrontación do proxecto básico de edificacións para impartición de cursos para formación en seguridade marítima, asinado o 26.12.2024 polo arquitecto José Torreira Pais, colexiado núm. 2865.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves, 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 30 de xaneiro de 2025
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:
Anuncio DOGA Nº 25 CDPP no porto de Portosín.pdf
20241218_Resolución de incio do tramite para a CDPP Enproga no porto de Portosin.pdf
20250127_Acta de confrontación para a CDPP Enproga no porto de Portosin.pdf
20250127_Plano 1 de confrontación para a CDPP Enproga no porto de Portosin.pdf
20250127_Plano 2 de confrontación para a CDPP Enproga no porto de Portosin.pdf
20250127_Plano 3 de confrontación para a CDPP Enproga no porto de Portosin.pdf