Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acordo do 8 de febreiro de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do edificio da antiga lonxa (12.11.EDF.004), para o desenvolvemento das actividades de almacenaxe de caixas, pertreitos de pesca e vehículos da confraría, formación náutica oficinas de control do marisqueo e almacenaxe, solicitada pola confraría de pescadores de Miño, no dominio público portuario de Miño (código: 12-11-21-C-1).

Está en trámite a concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores de Miño, para a ocupación do edificio 12.11.EDF.004, para o desenvolvemento das actividades de almacenaxe de caixas, pertreitos de pesca e vehículos da confraría, formación náutica, oficinas de control do marisqueo e almacenaxe, de acordo coa Resolución en que se autorizan o trámite de concesión administrativa, asinada pola presidenta de Portos de Galicia o 20.8.2021, e o plano de tramitación.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 8 de febreiro de 2023

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro