Publicador de contenidos
Acta da xuntanza do 28 de setembro de 2020 da Comisión Permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos pola que se fan públicos os acordos acadados relativos aos criterios adoptados para a valoración dos méritos dos candidatos en relación cos recursos de reposición interpostos e á publicación da lista dos/as aspirantes admitidos con indicación da ubicación xeográfica solicitada
En Santiago de Compostela, sendo as 12:30 horas do día 28 de setembro de 2020, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020.
En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
O motivo desta nova xuntanza, é o exame dos recursos de reposición formulados polos interesados tras a publicación da lista definitiva dos solicitantes admitidos coa puntuación definitiva e dos solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión contida na Acta da Xuntanza da Comisión Permanente do día 13 de agosto de 2020, así como aprobar a publicación da lista definitiva dos aspirantes admitidos con indicación da ubicación xeográfica por eles solicitada no seu momento.