Publicador de contenidos
Acta da xuntanza do 4 de marzo de 2021 da comisión permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos pola que se fai pública a lista de admitidos/as coa puntuación provisional tras a actualización de méritos con indicación da ubicación xeográfica solicitada.
En Santiago de Compostela, sendo as 10:40 horas do día 04 de marzo de 2021, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020.
En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
O motivo da xuntanza, é o exame das solicitudes de actualización de méritos presentadas polos candidatos admitidos neste proceso de conformidade co previsto na Base Décima aprobada pola citada resolución da Presidenta de Portos de Galicia de 8 de xaneiro de 2020 segundo a cal “a actualización de méritos referidos á experiencia e formación avaliables de conformidade co baremo que se recolle no anexo II destas bases poderá presentarse no mes de xaneiro de cada ano empregando o modelo de solicitude que estará a disposición das persoas interesadas na páxina web www.portosdegalicia.gal. A solicitude de actualización deberá de acompañarse da documentación requerida que se indica nestas bases e no baremo”.