Publicador de contenidos
Resolución de 23 de abril de 2026 pola que se acorda a mobilidade funcional para o desempeño temporal de postos de traballo recollida no artigo 6° do Convenio colectivo de Portos de Galicia para cubrir 4 postos na categoría profesional de celador/a gardapeiraos xefe/a.
De conformidade co artigo 39 do Estatuto dos Traballadores, a mobilidade funcional poderase efectuar sen outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exercer a prestación laboral e pola pertenza ao grupo profesional correspondente ou categoría profesional equivalente. Pola súa banda, no referente á mobilidade funcional, o artigo 6° do Convenio colectivo para o persoal laboral do Ente Público Portos de Galicia establece que realizar tarefas correspondentes a distinto grupo ou categoría profesional só será posible se existisen razóns técnicas e organizativas que o xustifiquen e polo tempo imprescindible para a súa atención.
No organigrama aprobado polo Consello Reitor o 3 de febreiro de 2022, establécense 4 vacantes de xefes/as de gardapeiraos dotadas orzamentariamente e a súa cobertura considerase necesaria. Polo tanto, a través desta resolución preténdese cubrir temporalmente estes postos de traballo nas tres Zonas de Portos de Galicia, xa que é urxente e necesario cubrilos para un óptimo funcionamento dos servizos periféricos.
Santiago de Compostela, 24 de Abril de 2026
O Presidente
José Antonio Álvarez Vidal
Poden descargar a documentación a través do seguinte enlace:
