Saltar al contenido

Visor de contenido web

A TRAVESÍA NÁUTICA XACOBEA ‘SAIL THE WAY’ CHEGA A GALICIA O 11 DE XUÑO

 

Travesía Náutica Xacobea
  • Portos de Galicia colabora con Marinas de Galicia, Asnauga e Northmarinas na organización da Travesía Náutica Xacobea ‘Sail the way’.

     

  • Trátase dunha peregrinación marítima seguindo o curso do Camiño por mar entre Ribadeo e Padrón, para concluír nunha última etapa a pé ata Santiago de Compostela.

     

  • A expedición recalará en diversos portos deportivos galegos para promocionar así as súas instalacións e os atractivos da nosa costa.

     

  • Todos os afeccionados á náutica poderán unirse á travesía nas súas embarcacións de xeito gratuíto, sen inscrición previa, acompañando aos barcos da organización en calquera das súas etapas.

     

  • Para reservar unha praza de tránsito en calquera dos portos de escala pódese contactar coas entidades xestoras cuxos datos de contacto están dispoñibles en www.guianauticadegalicia.gal.

     

  • Os navegantes que se sumen a esta iniciativa e completen 90 millas a vela e 7 quilómetros a pé poderán obter a súa acreditación de Peregriños a Santiago.

     

  • A acreditación solicitarase no porto de saída e terá que ser selada durante a ruta nos puntos de parada (portos deportivos, albergues, hoteis, restaurantes...) e recabar alomenos o selo do albergue do Milladoiro ou do Monte do Gozo.

     

  • Segue a estela nas seguintes etapas con eses horarios previstos:
     
    • Vernes 11 de xuño
      • 10:00 hrs: Navegación Ribadeo - Viveiro. 40 millas náuticas.
         
    • Domingo 13 de xuño
      • 7.00 hrs: Navegación Viveiro - Ares - Sada. 64 millas. ETA: 18.00.
         
    • Luns 14 de xuño
      • 8.30 hrs: Navegación Sada - A Coruña.
         
    • Martes 15 de xuño
      • 8.00 hrs: Saída A Coruña - Camariñas - Muxía.
         
    • Mércores 16 de xuño
      • 8.00 hrs: Navegación Muxía - Muros. 41 millas náuticas.
         
    • Xoves 17 de xuño
      • 8.00 hrs: Saída navegación Muros - Portosín - Cabo de Cruz.
         
    • Vernes 18 de xuño
      • 7.45 hrs: Navegación Cabo de Cruz - Vilagarcía. 15 millas, aproximadamente 3 horas.
      • 19.15 hrs: Catamarán Vilagarcía - Padrón.
         
    • 19 de xuño: Peregrinación a pé Padrón - Santiago.
     
    *Os participantes poderán consultar os horarios nas entidades xestoras do porto deportivo de saída
  • Máis información: