Volver ao contido

Contido web

A Travesía Náutica Xacobea chega a Galicia o 10 de xuño

  • Portos de Galicia impulsa xunto a Puertos de Andalucía a Travesía Náutica Xacobea 2022, organizada pola Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga).
  • Trátase doutra forma de gañar o Xubileo: unha peregrinación marítima dende o porto de Barbate, en Cádiz, ata Portosín, para concluír percorrendo o Camiño Portugués entre O Milladoiro e Santiago de Compostela.
  • A expedición de navegantes en flotilla sairá do porto de Barbate, en Cádiz, o día 28 de maio e realizará as seguintes escalas para promocionar as instalacións portuarias e atractivos da costa atlántica:
  • 28 de maio: Barbate-Rota
  • 29 de maio: Rota- Mazagón
  • 30 de maio: Mazagón- Ayamonte
  • 31 de maio: Ayamonte- Villamaura
  • 1 de xuño: Villamaura-Lagos
  • 2 de xuño: Lagos-Sines
  • 3 de xuño: xornada de descanso
  • 4 de xuño: Sines- Cascais
  • 5 de xuño: Cascais- Peniche
  • 6 de xuño: Peniche-Figueira da Foz
  • 7 de xuño: Figueira da Foz- Leixoes
  • 8 de xuño: xornada de descanso
  • 9 de xuño: Leixoes-Viana
  • 10 de xuño: Viana-Baiona
  • 11 de xuño: Baiona-Portonovo, por Vigo e Cangas.
  • 12 de xuño: Portonovo-Ribeira, por Cabo de Cruz
  • 13 de xuño: Ribeira-Portosín + peregrinación a pé O Milladoiro-Santiago.
  • Todos os afeccionados á náutica poderán unirse á travesía nas súas embarcacións en calquera das etapas, previa inscripción na web www.asnauga.com .
  • Os navegantes que se sumen a esta iniciativa e completen 90 millas a vela e 7 quilómetros a pé poderán obter a súa acreditación de peregriños a Santiago, en virtude do acordo entre ASNAUGA e o Cabildo de Santiago.
  • A acreditación solicitarase no porto de saída e terá que ser selada durante a ruta nos puntos de parada (portos deportivos, albergues, hoteis, restaurantes...) así como no albergue do Milladoiro.
 

NOTA: Os participantes poderán ampliar información e consultar os horarios nas entidades xestoras do porto deportivo de saída.

 

  • E se prefires facer o Camiño por mar en calquera outro momento, podes facelo reservando prazas en tránsito en calquera dos Portos de Galicia. Podes encontrar información sobre todas as nosas instalacións na web da Guía Náutica de Galicia.

 

Deixa túa estela... no camiño da mar