Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

A xunta destina máis de 220.000 euros á ampliación e mellora da nave de redes do porto de Bueu

Portos de Galicia iniciou o procedemento para a contratación das obras que permitirán renovar a cuberta do edificio e habilitar novos espazos.

 

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023.- Portos de Galicia, iniciou un novo procedemento para a contratación das obras de ampliación e mellora da nave de redes do porto de Bueu, na provincia de Pontevedra. O ente público destina a esta actuación un importe de máis de 220.000 euros de orzamento base de licitación cos que se renovará a cuberta e se habilitarán novos espazos.

O ente público retoma así esta actuación de mellora despois de que o concurso anterior para a execución das obras quedase deserto como consecuencia do incremento dos prezos dos materiais de construción. Por este motivo, e ao incrementarse ademais as superficies de ampliación previstas e outras melloras, o ente público aumenta agora en máis de 100.000 o orzamento destinado aos traballos.

As obras previstas consisten na ampliación dos espazos para dotar de novas zonas de almacenaxe e traballo para a reparación das redes existentes. Deste xeito adáptase o inmoble ás necesidades actuais. Para elo construirase un módulo adicional de 5 metros de longo coa mesma anchura que o espazo actual, 15,2 metros. Ademais habilitarase un gran lucernario central para permitir a entrada de luz natural.

O inicio do procedemento de licitación das obras publicarase proximamente no perfil do contratante así como na páxina web de Portos de Galicia (www.portosdegalicia.gal).