Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 10 de agosto de 2018, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Proameixa Fernández, S.L. con destino á ocupación de catro departamento para a instalación e explotación de depuradora de moluscos no porto de Rianxo (expediente 12-55-13-C-1)

Estase a tramitar unha concesión administrativa, solicitada por Proameixa Fernández, S.L., con destino á ocupación de catro departamentos para a instalación e explotación de depuradora de moluscos no porto de Rianxo segundo o proxecto básico de título «Proxecto de actividade para depuradora e cetárea de marisco» asinado en febreiro de 2013 polo arquitecto técnico Antonio Losada Vicente (colexiado nº 842).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 10 de agosto de 2018

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro