Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 10 de xaneiro de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario soterrado para a construción dunha canalización para o desenvolvemento da actividade de subministro eléctrico, no dominio público portuario de Fisterra (código: 12-32-23-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Unión Fenosa Distribución Eléctricidad, S.A., para a ocupación soterrada de dominio público portuario para a construción dunha canalización para o desenvolvemento da actividade de subministración eléctrica, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 24 de outubro de 2023 e segundo o documento técnico «Carpeta de permisos para RBTS rúa Real, s/n (Fisterra) Portos de Galicia», asinado o 20 de novembro de 2018 polo enxeñeiro técnico industrial Pablo López Alonso, colexiado núm. 3802.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 10 de xaneiro de 2024

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: