Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 15 de xuño de 2021, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Unión Fenosa Distribución S.A., para a instalación dunha liña eléctrica soterrada de baixa tensión no dominio público portuario de Muxía, (expediente 12-31-20-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa para a instalación dunha liña eléctrica subterránea de baixa tensión no dominio público portuario de Muxía, de acordo co documento técnico Carpeta de permisos para RBTS Virxe da Barca, nº 45, Muxía, do 26 de febreiro de 2021, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio J. Sabín Vázquez, colexiado número 2233.

 

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

 

 

A Coruña, 15 de xuño de 2021

 

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro