Volver ao contido

Contido web

Convocatorias de axudas e subvencións

Procedemento PE209O: Axudas para a mellora dos portos deportivos e zonas portuarias de uso nauticodeportivo.

 

Obxecto:

Axudas no exercicio 2021, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas e entidades xestoras dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia da pandemia da COVID-19, estean nas seguintes condicións:

  1. Que sufriron diminución nos ingresos pola imposibilidade de realizar actividades náuticas recreativas durante o estado de alarma decretado polo Goberno de España mediante o Real decreto 463/2020 e as súas sucesivas prórrogas, pero que se viron obrigados a manter a vixilancia e custodia das embarcacións atracadas nas súas instalacións.

  2. Que na época estival posterior ao levantamento do estado de alarma sufriron unha redución significativa dos tránsitos que tradicionalmente atracaban nas instalacións.

 

Prazo de presentación:

Convocatoria aberta do 15/04/2021 ó 14/06/2021

 

A tramitación deste procedemento pode ser iniciada dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Esta ligación dalle acceso ó devandito contorno de tramitación