Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

“Anuncio de licitación da “SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE SISTEMAS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR PARA A ILUMINACIÓN SOSTIBLE DE DIFERENTES INSTALACIÓNS PORTUARIAS DEPENDENTES DA ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL PORTOS DE GALICIA (EPPG)”, COFINANCIADO POLO FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA-FEMP, (Expediente PRG-2022-0131)

Con data 29 de xuño de 2022 foi enviado ao Diario Oficial da Unión Europea o Anuncio de licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, para a contratación da "SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE SISTEMAS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR PARA A ILUMINACIÓN SOSTIBLE DE DIFERENTES INSTALACIÓNS PORTUARIAS DEPENDENTES DA ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL PORTOS DE GALICIA (EPPG)”, COFINANCIADO POLO FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA-FEMP.

  • Expediente PRG-2022-0131, suxeito a regulación harmonizada.

 

Na mesma data faise público, no SILEX e no Perfil do Contratante, o Anuncio de licitación do devandito subministro.

 

A tramitación do presente expediente de contratación ten como base o Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e epepg para o financiamento e sustentabilidade do proxecto de mellora e modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas, dos lugares de desembarque e dos ancoradoiros, asinado por ambas partes o 13 de abril de 2022, así como a Adenda ao dito Acordo, asinada por ambas partes o 5 de xuño de 2022.

 

Toda a documentación referida á dita licitación, e necesaria para poder preparar as ofertas, atópase publicada no Perfil de Contratante de Portos de Galicia, ao que se pode acceder a través do seguinte enlace:                                          

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2

 

O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 28 DE XULLO DE 2022.

 

Planos relativos a subministración e instalación das luminarias nos diferentes Portos de Galicia: