Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Anuncio de licitación do "SERVIZO AUXILIAR PARA O MANEXO DA COMPORTA DA DÁRSENA INTERIOR DE MALPICA E DOS GUINDASTRES DO PORTO DE MALPICA E CAIÓN" (Exp: PRG-2022-0012)

Con data 14 de febreiro de 2022 foi publicado no Perfil de Contratante da EPE Portos de Galicia o Anuncio de licitación, mediante procedemento aberto simplificado abreviado (supersimplificado) e sistema unicriterio (prezo), relativo á contratación do “SERVIZO AUXILIAR PARA O MANEXO DA COMPORTA DA DÁRSENA INTERIOR DE MALPICA E DOS GUINDASTRES DO PORTO DE MALPICA E CAIÓN”.

  • Expediente PRG-2022-0012, non suxeito a regulación harmonizada. 

Na mesma data faise público, no SILEX o Anuncio de licitación do devandito servizo.

 

Toda a documentación referida á dita licitación, e necesaria para poder preparar as ofertas, atópase publicada no Perfil de Contratante de Portos de Galicia, ao que se pode acceder a través do seguinte enlace:

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2

 

O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 28 de febreiro de 2022.