Publicador de contidos
Acta da xuntanza do 24 de xullo de 2020 da Comisión Permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos pola que se fai pública a lista provisional dos/as solicitantes admitidos coa puntuación provisional e dos/as solicitantes excluídos coa puntuación provisional e con expresión da causa de exclusión despois do exame das solicitudes omitidas na lista provisional publicada o día 25 de xuño de 2020 e da revisión das subsanacións producidas a instancia dos interesados
En Santiago de Compostela, sendo as 10:00 horas do día 24 de xullo de 2020, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020.
En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
O motivo desta nova xuntanza, tras incorporarse a totalidade de solicitudes presentadas, é proceder ao exame daquelas solicitudes que foron omitidas na lista provisional publicada o día 25 de xuño de 2020 coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos esixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas, e aporbar así unha nova lista provisional dos solicitantes admitidos e dos solicitantes excluidos coa puntuación provisional e coa expresión da causa de exclusión no caso dos solicitantes excluidos.