Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia acomete obras de reparación no paseo marítimo de Pescadoira (Bueu).

Bueu (Pontevedra), 11 de xullo de 2024.- A consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está acometendo as obras correspondentes aos desperfectos ocasionados no paseo marítimo de Pescadoira, en Bueu. Nesta ocasión, unha pedra caeu da pasarela, polo que a Policía Portuaria optou por pechar o paso para evitar posibles riscos.

O ente público está a actuar sobre todos os tramos de balado de pedra que precisan reparación para garantir a mellora de instalacións e velar pola seguridade de todos os cidadáns. Os deportistas do Club do Mar, principais afectados polos desperfectos, poderán volver a utilizar a  zona afectada para desenvolver as súas actividades con normalidade. Neste senso, dende Portos de Galicia tamén seguen á espera da autorización de Costas do Estado para poder acometer as obras comprometidas de arranxo da rampla utilizada polo Club de remo.