Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA apoia o programa ‘o mar na escola 2022. Xogando co vento’ que impulsa a escola de vela cataventos na costa da morte

Corcubión (A Coruña), 7 de abril de 2022.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, participou esta mañá no acto de presentación do programa O mar na escola 2022. Xogando co vento, que impulsa a escola de vela Cataventos nos portos da Costa da Morte. A responsable do ente dependente da Consellería do Mar mostrou o seu apoio e recoñecemento a esta iniciativa liderada pola entidade xestora do porto deportivo de Muxía e que fomenta a educación marítima e o ocio náutico entre os escolares.

O mar na escola é un programa de actividades náuticas que Cataventos vén desenvolvendo desde hai 18 anos e no que nesta edición participan 13 centros escolares da zona da Costa da Morte. A realización desta actividade permítelle integrar no seu currículo educativo a navegación a vela, tanto a nivel de aprendizaxe teórica como práctica. Por iso, a representante da Xunta de Galicia salientou que este tipo de iniciativas contribúen a aumentar a afección por este deporte e a impulsar o turismo náutico na comunidade.