Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia compromete un proyecto para a mellora das instalacións do Club de mar de Aldán.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022.- Portos de Galicia, e a Secretaría Xeral para o Deporte comprometeron a redacción dun proxecto coordinado para a mellora das instalacións do Club de Mar de Aldán. Foi no marco da reunión de traballo que mantiveron hoxe na sede do organismo portuario a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o Secretario Xeral para o Deporte, José Manuel Lete, coa directiva do Club de Mar de Aldán, que desenvolve a súa actividade no peirao da localidade canguesa.


Neste encontro, os representantes da Xunta de Galicia e da entidade deportiva sentaron as bases para a colaboración de cara a definir unha mellora das condicións da actividade dos deportistas do porto de Aldán. Ademais a presidenta de Portos e o Secretario Xeral para o Deporte aproveitaron para por en valor o papel desta entidade no ámbito deportivo e en concreto do deporte marítimo a nivel estatal e internacional.