Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA CONTRATA POR 144.000 EUROS AS OBRAS DE DRAGAXE DO PEIRAO DE CANIDO, EN VIGO

  • Esta actuación permitirá recuperar o calado necesario para a normal operatividade do peirao así como o acceso, amarre e fondeo da frota en condicións de seguridade

 

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de contratar as obras de dragaxe no porto de Canido, no concello de Vigo. O ente público presidido por Susana Lenguas inviste 144.000 euros nesta actuación, que contará cun prazo de execución de tres meses desde o seu inicio.

Os traballos consisten na extracción de áridos en parte da dársena ata acadar a cota -2 en baixa mar. O volume total de material para dragar é de preto de 6.000 metros cúbicos e a superficie será de 3.800 metros cadrados de solo mariño afectado fundamentalmente por sedimentación de areas e fangos.

Esta actuación responde a unha demanda reiterada do sector portuario de Canido e permitirá recuperar o calado necesario para a normal operatividade do peirao así como o acceso, amarre e fondeo da frota en condicións de seguridade.