Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia inviste preto de 2 millóns de euros na construción dos novos departamentos de usuarios en rianxo

  • A presidenta de Portos de Galicia visitou as obras de demolición das antigas naves e dotación de 24 novos locais para almacenamento de utensilios dos sector profesional

 

Rianxo (A Coruña), 25 de maio de 2021.-  A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten en execución as obras de construción de novos departamentos para usuarios do sector profesional no porto de Rianxo que contan cun investimento público de 2 millóns de euros. A presidenta do ente público, Susana Lenguas, comprobou esta mañá o desenvolvemento dos traballos nunha visita á zona.

Susana Lenguas explicou que as obras consisten na demolición de tres bloques de 22 departamentos que se atopaban en mal estado e na construción de dous novos bloques de 24 departamentos cada un, con mellor calidade construtiva e maior integración na contorna. Esta construción dá cobertura ás actuais necesidades do sector profesional de Rianxo nesta cuestión.

Os novos departamentos contarán con 22 metros cadrados de superficie útil destinados ao almacenamento de utensilios propios da actividade profesional e contarán ademais cun pequeno aseo. A cuberta de ambos edificios será metálica  lixeira, os teitos contarán cunha capa de cartón xeso e os solos serán de formigón pulido.

Finalmente, os edificios contarán tamén con instalación de auga, electricidade, saneamento e preinstalación de telecomunicacións. Os traballos deron comezo a finais do pasado mes de febreiro e contan un prazo de execución previsto de 18 meses.