Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de galicia retira do peirao de ribeira para desmantelamento as embarcacións ‘Rey novo’ e ‘Nécora’.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2022.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, procedeu hoxe á retirada do porto de Ribeira das embarcacións Rey Novo e Nécora, ambas en estado de abandono. Esta actuación é o resultado dunha complexa tramitación administrativa ante a falta de resposta dos seus titulares, aos que se instou a asumir a tarefa directamente por ser súa a responsabilidade. A Xunta contratou os traballos por importe de máis de 10.000 euros que adiantará o ente público.

As tarefas consisten na retirada e desmantelamento das citadas embarcacións, previo despece no propio porto para poder ser transportadas e culminar o proceso nun estaleiro. Posteriormente, os residuos trasladaranse ao xestor autorizado para o seu tratamento. Estas dúas embarcacións engádense ao Eros 2 e ao L'Etel, que tamén foron retirados en estado de abandono no porto de Ribeira nos últimos anos.