Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia talará as palmeiras afectadas polo picudo no bordo marítimo de Cambados

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021.- Portos de Galicia iniciará nos vindeiros días a tala das palmeiras de grande envergadura existentes no bordo portuario do municipio pontevedrés de Cambados e afectadas polo picudo. O ente dependente da Consellería do Mar procederá a próxima semana a cortar estas árbores e a retirar os tocos para garantir a seguridade dos veciños e usuarios da zona, unha actuación que conta cun orzamento de 18.000 euros. 

Esta medida dá resposta ao compromiso de colaboración acadado entre o ente público e o Concello de Cambados na última reunión entre a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas e o alcalde do municipio. Nesta xuntanza ambos representantes públicos acordaron que ao tratarse dunha zona de titularidade do ente público, pero de uso totalmente veciñal, ambas partes coordinarían unha actuación de resposta a esta praga que afecta ao arboredo da zona. Así, Portos de Galicia procederá á tala das árbores e o Concello de Cambados encargarase da súa reposición.