Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia ultima as obras de mellora dos pantaláns de Rianxo

Rianxo (A Coruña), 10 de febreiro de 2022.- Portos de Galicia, ten en execución as obras de reordenación, reforma e mellora de pantaláns no porto de Rianxo. O ente público investiu máis de 200.000 euros nestes traballos, que están xa executados na súa maior parte. As obras inclúense dentro dunha actuación conxunta coas dársenas de Sada e A Pobra do Caramiñal e que conta cun orzamento en 2 millóns de euros. Esta acción ten como obxectivo a modernización das instalacións aboiantes mellorando a seguridade e accesibilidade ás embarcacións, ademais de optimizar a utilización das augas abrigadas.

No porto de Rianxo veñen de instalarse 77 novos fingers que habilitan un total de 171 prazas e permiten a eliminación do tren de fondeo. Ademais renovouse integralmente o pavimento, aplicando madeira tecnolóxica nos pantaláns e na pasarela, e instaláronse escaleiras abatibles e unha baliza ao final do pantalán así como un sistema de apertura das portas con móbil. As obras tamén incluíron a limpeza dos flotadores e o saneamento dos pilotes. Finalmente está prevista unha lixeira ampliación dos pantaláns pesqueiros.