Publicador de contidos
Acordo do 18 de novembro de 2025, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Nedgia Galicia, S.A. de concesión administrativa no porto de Panxón con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado para realizar a actividade de subministro de gas (expediente 13-27-24-C1).
A Presidencia de Portos de Galicia acorda el inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por Nedgia Galicia, S.A. no porto de Panxón con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado para realizar a actividade de subministración de gas (expediente 13-27-24-C1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.
O prazo para presentar alegacións será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A presentación de alegacións será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas e persoas representantes dalgunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as súas alegacións por escrito nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, ou en calquera dos lugares ou rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 18 de novembro de 2025
Iban Rodríguez Fernández
Xefe da Zona Sur
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:
Anuncio no DOGA Nº 252 da concesión administrativa de NEDGIA GALICIA, S.A. no porto de Panxón.pdf