Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

Portos de Galicia autoriza ao concello de cambados a substitución de árbores na alameda e a instalación dun soporte para ‘selfies’ na ribeira de Fefiñáns

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2025.- A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, vén de remitir ao Concello de Cambados sendas autorizacións administrativas para actuacións de carácter municipal en terreos de dominio público portuario. Así o ente público autorizou a substitución dos árbores da alameda de Santo Tomé, así como a instalación dun soporte para tomar fotografías en modo autorretrato na Ribeira de Fefiñáns.

A autorización para a alameda contempla a tala por parte do Concello de 17 árbores e substitución por outros de menor porte. O Concello será encargado tamén do posterior mantemento da zona mentres permanezan as árbores no porto. Así mesmo, deberá adoitar todas as medidas de seguridade necesarias co fin de facer compatible esta actuación co operativa portuaria e o tráfico de camións e maquinaria.

Polo que respecta ao soporte para fotografías, trátase dunha peza de aceiro de 150 centímetros de altura no que se poderá apoiar o móbil para tomar autorretratos nesta zona axardinada situada en zona de servizo do porto. As obras autorizadas deberán iniciarse no prazo máximo de tres meses e culminar antes de seis.

Portos de Galicia enmarca este tipo de acordos dentro do marco da colaboración institucional entre administracións na que o ente público facilita o desenvolvemento de actuacións que redundan no beneficio do conxunto da cidadanía e non só nos usuarios directos das instalacións portuarias.