Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA E O ALCALDE DE PONTECESO AFONDAN NA ACTUACIÓN PREVISTA PARA A REMODELACIÓN DO VIAL DE ACCESO AO PORTO DE CORME

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, para abordar temas portuarios de interese para o municipio.

No encontro, celebrado na sede do ente público en Santiago, ambos mandatarios afondaron no proxecto que impulsarán en común para a remodelación do vial de acceso ao porto de Corme. Trátase dunha actuación que estará cofinanciada por ambas administracións. O orzamento previsto é de 800.000 euros, dos que 600.000 corresponderán a Portos de Galicia, mentres que o Concello de Ponteceso achegará os 200.000 euros restantes.

A actuación basearase nun proxecto aportado polo Concello de Ponteceso que avanza na integración entre o porto e a vila. Incluirá a remodelación da zona así como mellora dos servizos básicos e incidirá na seguridade viaria.