Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

Portos de Galicia coordina coa confraría de pescadores de Cambados a reordenación do peirao de Tragove

  • A presidenta do ente público mantivo unha reunión de traballo co patrón maior na que lle informou tamén da licitación do proxecto de ampliación da lonxa

Reunión coa confradía de CambadosSantiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021.-  Portos de Galicia impulsará a reordenación portuaria do peirao de Tragove, no municipio pontevedrés de Cambados. Así o ratificou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha reunión de traballo con patrón e o vicepatrón maior da confraría de pescadores da localidade. 

Na reunión abordáronse as principais necesidades da confraría no relativo á ordenación do solo en Tragove nas que se están traballando co obxectivo de mellorar a operatividade e a orde portuaria. 

Ademais, durante a reunión, a presidenta de Portos trasladou á directiva da confraría os avances na tramitación do proxecto de ampliación da lonxa de Tragove, que se atopa na fase final de contratación. En concreto, tal como sinalou Susana Lenguas, o proxecto da obra atópase en proceso de licitación cun orzamento de 25.000 euros. 

Finalmente, a presidenta de Portos mostrou tamén a vontade do ente público de axilizar outras peticións da confraría de pescadores que se atopan xa en tramitación como a retirada definitiva de embarcacións abandonadas no porto, que deben ser previamente incautadas.