Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

Portos coordina coa pesca recreativa cambios na norma para autorizar a súa práctica nos peiraos con seguridade e sen interferencias cos profesionais

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, recibiu esta mañá a representantes de diferentes entidades relacionadas coa pesca recreativa co fin de coordinar con estes colectivos as modificacións necesarias para autorizar a práctica desta actividade nos peiraos de titularidade autonómica con seguridade e compatibilidade cos usos profesionais.

A proposta de Portos de Galicia establece como condición as garantías de seguridade das instalacións e os usuarios así como a compatibilidade coa normal actividade e operativa portuaria e as necesidades dos sectores profesionais que utilizan os peiraos. Ademais recolle a categorización dos portos en tres niveis en función da posibilidade de integrar esta actividade: portos nos que se podería pescar libremente; portos con restricións e portos nos que non estará autorizada a pesca deportiva.

A maiores, entre outros requisitos figurarían a obrigatoriedade de facer un seguro con cobertura aos danos persoais e a terceiros, a reserva do solo, xestión dos residuos xerados e uso axeitado de aparcadoiros e outras instalacións portuarias. En todos os casos a premisa básica e priorizar a seguridade e a operativa portuaria profesional.

Os asistentes á reunión quedaron emprazados a un novo encontro proximamente no que trasladarán as súas achegas á proposta na procura do consenso e melloras que permitan iniciar os trámites para a modificación normativa.