Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

Portos de Galicia inviste 36.000 euros na pavimentación da explanada da lonxa de Vilanova de Arousa

Santiago, 16 de abril de 2021.-  A  Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar os traballos de mellora do peirao da lonxa do municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa. As obras contan cun investimento de 36.000 euros e consisten na pavimentación da explanada do peirao da lonxa.

En concreto, os traballos a realizar serán o fresado do firme existente en zonas de unión e xestión do residuo así como a aplicación de novo pavimento de 5 centímetros de espesor. As obras atópanse xa en execución e contan cun prazo de finalización previsto dunha semana.