Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

Portos de Galicia inicia as obras de dragaxe do peirao de Canido, en Vigo

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2021.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar esta mañá as obras de dragaxe no porto de Canido, no concello de Vigo. O ente público que preside Susana Lenguas inviste 144.000 euros nesta actuación, que contará cun prazo de execución de tres meses.

Os traballos consisten na extracción de áridos en parte da dársena ata acadar a cota -2 en baixa mar. O volume total de material para dragar é de preto de 6.000 metros cúbicos e a superficie será de 3.800 metros cadrados de solo mariño afectado.

Esta actuación responde a unha demanda reiterada do sector portuario de Canido e permitirá recuperar o calado necesario para a normal operatividade do peirao, así como o acceso, amarre e fondeo da frota en condicións de seguridade.