Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

Portos de galicia traballa cos concellos nos trámites para a posible reversión ao estado de arredor de corenta espazos que non teñen uso portuario

  • O Ente público analizou as 22 solicitudes presentadas ata o momento polos distintos municipios costeiros galegos así como a posible tramitación doutras 18 instalacións menores de distintas localidades e non destinadas a fins portuarios.
  • A Xunta pretende tramitar os expedientes de xeito conxunto baixo uns criterios técnicos que se abordaron na xuntanza -xa coñecidos polos concellos inmersos no proceso- e que se remitirán a todos os municipios para o seu coñecemento e para que, aqueles que aínda non o fixeran, presenten as súas posibles propostas de reversión de terreos antes do 15 de outubro.
  • Executivo galego xestionará as solicitudes ante o Goberno central, que será quen deberá tomar a decisión final sobre o destino dos terreos

 

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2021.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) no marco da mesa de traballo creada pola Xunta con esta entidade para abordar a posibilidade de reverter ao Estado espazos dos peiraos galegos que non teñen uso estritamente portuario buscando a posterior entrega polo Goberno central aos concellos. Neste sentido, a representante do ente dependente da Consellería do Mar trasladou aos integrantes da Fegamp que o Executivo galego está a traballar nos trámites para solicitar á Administración central a reversión de arredor de corenta espazos da súa titularidade que non teñen uso portuario.


Susana Lenguas, que estivo acompañada na reunión pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e por outros representantes do Executivo galego e do ente público, detallou que Portos de Galicia analizou as 22 solicitudes presentadas ata o momento por distintos concellos costeiros galegos así como a posible reversión doutras 18 instalacións menores da súa titularidade non destinadas a fins portuarios e situadas en distintas localidades.
A representante do ente público explicou que se trata dun procedemento extraordinario, complexo e moi amplo e que, por iso, se tramitarán todos os expedientes de xeito conxunto. Neste sentido, e para velar pola transparencia do proceso, o ente público abordou os criterios que se aplican para a valoración das solicitudes, dos que xa son partícipes os concellos inmersos neste proceso e que serán trasladados a todos municipios para o seu coñecemento e para que, aqueles que non o fixeron, poidan presentar as súas propostas de reversión de terreos antes do próximo 15 de outubro.


Unha vez recibida toda a información necesaria dos concellos, a Xunta trasladará aos correspondentes Gobernos locais as superficies que considera susceptibles de iniciar o trámite de reversión en cada caso e, cando os concellos dean a súa conformidade con esa proposta, avanzará nos trámites administrativos internos previos á remisión da solicitude de reversión dos terreos ao Executivo central.


No momento en que estean completados os trámites da Administración galega, será o Goberno central, mediante acordo do Consello de Ministros, o que deberá determinar que facer e tamén se os entrega aos concellos procedendo á súa desafectación como espazos de dominio público marítimo-terrestre.