Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO DO 1 DE MARZO DE 2018, DA ZONA CENTRO, POLO QUE SE SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA A TRAMITACIÓN DUNHA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA CON DESTINO Á REGULARIZACIÓN DAS LÍÑAS ELÉCTRICAS EXISTENTES, DE MEDIA E BAIXA TENSIÓN SOTERRADAS E CENTRO DE TRANSFORMACIÓN, NO DOMINIO PÚBLICO PORTUARIO DE CAMELLE, SOLICITADA POR “ELECTRA DEL GAYOSO, S.L.” (EXPEDIENTE 12-29-18-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa a favor de Electra del Gayoso, S.L. para a regularización das liñas eléctricas existentes de media e baixa tensión soterradas e centro de transformación, no dominio público portuario de Camelle, de acordo co Proxecto de LMT subterránea de 20 kV a CTC Camelle Porto, sita no porto de Camelle asinado en outubro de 2011 polo enxeñeiro técnico industrial Ramón Gómez Morandeira, e visado polo colexio oficial o 22 de novembro de 2011, co número CO112697, ademais dun plano da confrontación, o que inclúe todas as instalacións existentes no porto de Camelle.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 1 de marzo de 2018