Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 27 de setembro de 2018, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada polo Concello de Boiro, pola ocupación de dominio público portuario con destino á construción e explotación dun edificio para o desenvolvemento de deportes de remo e usos complementarios, na zona de servizo do porto de Cabo de Cruz (expediente 12-57-17-C-1)

Estase a tramitar unha concesión administrativa, solicitada polo Concello de Boiro, con destino á ocupación de dominio público portuario con destino á construción e explotación dun edificio para o desenvolvemento de deportes de remo e usos complementarios no porto de Cabo de Cruz, segundo o proxecto básico de título Proxecto básico de edificio para instalacións de deporte de remo e usos complementarios, na zona portuaria de Cabo de Cruz, O Castro. Boiro, asinado en novembro de 2017, polo arquitecto Amancio Losada Vicente (colexiado nº 1463).


O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar, por escrito, as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está a disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 27 de setembro de 2018

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro