Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 1 de febreiro de 2021, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada polo Concello de Camariñas, para a ocupación dunha edificación con destino a un Museo dos Naufraxios, aulas de formación náutica e cafetería, no dominio público portuario de Camariñas (expediente 12-30-20-C-1)

Estase a tramitar unha concesión administrativa para a ocupación dunha edificación no dominio público portuario con destino a un Museo dos Naufraxios, aulas de formación náutica e cafetaría, no dominio público portuario de Camariñas, de acordo co anteproxecto Museo dos Naufraxios, redactado o 24 de xaneiro de 2020, polo doutor arquitecto Víctor M. Hermo Sánchez, colexiado número 2653.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 1 de febreiro de 2021

 

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro