Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 1 de outubro de 2020, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada polo Concello de Miño, para a ocupación adaptación construtiva de edificacións no dominio público portuario para almacenamento de embarcacións náuticas de remo, piragüismo, vela e windsurf e actividades de promoción da náutica deportiva, no dominio público portuario de Miño (expediente 12-11-20-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa para a ocupación e adaptación construtiva de edificacións no dominio público portuario para almacenamento de embarcacións náuticas de remo, piragüismo, vela e windsurf e actividades de promoción da náutica deportiva, no dominio público portuario de Miño de acordo coa documentación técnica seguinte:

  • Proxecto básico de ampliación do club náutico, no porto de Miño (A Coruña), redactado en maio de 2019 polo arquitecto Iago Rodríguez Valcarcel.
  • Carpeta de permisos para RBT avda. do Portos, s/n, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Pablo López Alonso, colexiado número 3802, o 20 de xuño de 2018.
  • Anexo ao proxecto de execución de reforma e ampliación do club náutico no porto de Miño, asinado polo enxeñeiro industrial, colexiado número 1680, en setembro de 2020.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 1 de outubro de 2020

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro