Publicador de contidos
ACORDO do 14 de abril do 2026, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por LUCUS MARKET, S.L. de prórroga 1 por investimento relevante non previsto na concesión administrativa con destino a centro comercial no porto de Viveiro-Celeiro (expediente 14-07-91-C-1).
A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por LUCUS MARKET, S.L. de prórroga 1 por investimento relevante non previsto na concesión administrativa con destino a centro comercial no porto de Viveiro-Celeiro (expediente 14-07-91-C-1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.
O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación será obrigatoriamente de forma electrónica para as Administracións públicas, persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, e persoas representantes dunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes por escrito nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz nº13, 27001 LUGO, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Lugo, 14 de abril do 2026
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:
Anuncio no DOGA Nº 74 da prorroga para a CDPP no porto de Viveiro-Celeiro.pdf
Documentación técnica para a prórroga para a CDPP no porto de Viveiro-Celeiro_parte 1.pdf
Documentación técnica para a prórroga para a CDPP no porto de Viveiro-Celeiro_ parte 2.pdf